Qual é o significado da palavra enxebre, contextualizando-a no pensamento do GENX, é, se quadra, algo polo que muitos de vostedes poderiam-se perguntar por desconhecer com exactitude o significado com o qual empregamos a verba.
Pra isto tiramos uns apontamentos do rianxeiro Rafael Dieste recolhidos em "Antre a terra e o ceo" com data 6 de Marçal do 1926:
"Reviviscenza da verba "ENXEBRE"
"Unha verba pode revivescer de duas maneiras: volvendo a empregala despois dun esquencimento máis ou menos longo, ou empregándoa ben despois de tela empregado confusamente i mal por algún tempo.
A verba "enxebre" vense repetindo moito, e , nousante hai que reanimala divulgando o seu nidio significado e tercendo arredor seu unha gradiciela de concertos ben ligados.
Antre unha vella moi vella e un amigo noso mediu ista conversa:
-Beba señor, iste viño que lle he moi enxebre -dixo a vella
-E por qué lle chama vostede enxebre ao viño?- inqueriu o noso amigo
-Porque non ten auga nen mesturanza nengunha – respondeu a vella. I engadiu: - Élle das mesmas viñas do Noso Señor.
Eisí viño enxebre ven sendo o mesmo que viño puro. I enxebreza sinifica, denantes que nada, pureza, anque despois poida sinificar pureza de caste.
Soio nos falla o ditamen dos filólogos, mais atrementras non chega, vaiamos discurrindo pola nosa conta.
Poñamos o adxetivo "enxebre" a carón de algúns nomes. E digamos: doutrina enxebre, ollar enxebre, fala enxebre. Frases que, esquencendo por un intre o sinificado hoxe circulante na literatura, virán sendo o mesmo que istas: doutrina pura, ollar puro, fala pura.
Cando é pura unha doutrina? Cando non ten no seu seo a xérmola da contradicción, cando non ten misturanzas que lle resten coexistenza, cando o sabor que ten nas fontes non se perde no cabo dos regatos.
Cando é puro un ollar? Cando os ollos din que a alma sinte, sen disimulalo nen contredecilo.
Noutros termos: Unha doutrina é pura ou enxebre cando se é fidel a sí mesmo.
Cando é pois, pura unha fala? Cando se é fidel a sí mesma. Cousa que non sempe acontez coa fala do pobo, tan treidora, por vegadas, coa sua propia morfoloxia.
Laboría do escritor: faguer "enxebre" a sua fala."
R.Dieste.
Assim pois, quando falamos dumha Gallaecia Enxebre, designamos umha naçom pura, e quando falamos dumha Gallaecia Enxebrista designamos ao conjunto de galaicos que desejam a pureza da sua naçom: as suas tradiçons, a sua virgem terra, e o seu povo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario